Lexislación de cosméticos en España

Lexislación de cosméticos en España

Os produtos cosméticos están suxeitos a regulamentación na Unión Europea dende 1976 e, en España, dende 1968. A partirmos da adhesión de España á Unión Europea, a Lexislación española é unha transposición da Comunitaria e formalizouse no Real Decreto 1599/1997 do 17 de outubro, sobre produtos cosméticos.

Neste decreto -e en diversas ordes posteriores que o adaptan e modifican- aparece a definición de cosmético, a listaxe de produtos permitidos e prohibidos en cosméticos e as pautas e requisitos de fabricación e de comercialización dos mesmos.

Posteriormente, a normativa de cosméticos ampliouse e armonizouse no seo da Unión Europea co Regulamento (CE) nº 1223/2009 sobre os produtos cosméticos e no Regulamento (UE) nº 655/2013 da Comisión que establece os criterios comúns de harmonización para a UE, a eficiacia dos protectores solares e outros apartados concretos.

O obxectivo desta lexislación é a protección da saúde, é dicir, que os produtos cosméticos non presenten riscos para a saúde humana nas condicións de emprego e que os consumidores dispoñan dunha axeitada información sobre os mesmos.

Toda esta información e lexislación está accesible ó cicadán na web da Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios e parte da máis recente normativa en canto a etiquetaxe, rotulación e publicidade pode consultala aquí:

Normativa de etiquetaxe e rotulación nos cosméticos.

voltar á páxina principal