Seguridade de parabenos e antitranspirantes


  Con certa frecuencia, os clientes preguntan pola seguridade para a saúde dos cosméticos que conteñen parabenos ou que levan na súa composición sales de aluminio como antitranspirantes. En ambos casos no pasan de ser lendas urbanas que a rumoroloxía de internet se encargou de espallar.

Aínda que os cosméticos teñen unha lexislación distinta á dos medicamentos, é a Axencia Española do Medicamento a que fai o seguemento da seguiridade dos mesmos. Os mecanismos de vixiancia fan que cando existe a máis mínima sospeita sobre a súa inocuidade dun cosmético sexa retirado cautelarmente (como sucede cos alimentos). Nin os parabenos (que se usan como conservantes) producen tumores, nin as sales de aluminio aplicadas topicamente na pel producen cancro de mama.

O mesmo Consello de Colexios Farmacéuticos saiu ó paso deste rumor publicando unha nota oficial sobre o tema. Ver información en PortalFarma.