<title>Os tipos de pel

Tipos e texturas de pel

É moi imortante coñecer o tipo de pel de cada persoa, de cada zona do corpo e os cambios que se dan co sexo e coa idade para escoller o cosmético axeitado para cada área. En xeral, considéranse tres tipos de pel: seca, mixta e graxa. Sen embargo, isto non é exactamente así. Todas as peles forman un continuum desde peles secas,a un pouco menos secas, normais ou equlibradas, algo graxas e moi graxas. Da mesma maneira que a pel dunha persoa pode ser moi graxa na cara e moi seca nas mans ou nas pernas.

A pe, de feito, cambia coa idade. A maioría dos nenos (salvo os cativos menores de 3 meses que teñen a pel moi graxa polas hormonas maternas e da placenta persitentes durante ese tempo) teñen a pel seca, até que -ó comezar o estímulo hormonal na pubertade- a pel vira máis graxa, (mesmo graxa en exceso, con problemas de seborrea e acne...). Os adultos adoitamos ter a pel normal ou lixeiramente graxa. Despois da menopausia, a pel feminina vólvese de novo un pouco máis seca, e requiere algo máis de atención, pero non excesivamente seca. No caso dos varóns a pel segue sendo graxa durante toda a vida.

Se temos en conta o sexo, cómpre dicir que as mulleres teñen a pel algo máis seca que os varóns, pero estas diferenzas non existen na infancia ou na pubertade. Polo tanto, non é un factor demasiado importante para ter en conta.

Tampoco todas as zonas do corpo son iguais: a cara é máis graxa que o tronco; e o tronco máis graxo que as mans ou os pés (que son sempre as zonas máis secas do organismo en canto á secreción sebácea, -que non debemos confundir coa suoración-). Mesmo dentro da cara hai diferenzas: a zona na que hai maior densidade de glándulas sebáceas e máis activas é a zona "T" (testa, nariz e queixelo), mentras que os pómulos e as mandíbulas son algo máis secas. Quizais de aí; vén a idea -algo heterodoxa- das peles mixtas: todos, en realidade, temos a pel algo mixta.

Emilio del Río, médico dermatólogo, Clínica DERMALAR, Santiago de Compostela,

voltar á páxina principal